GALIZA SEN ESTATUO, OUTRA VEZ O PP
O PP VOLVE A DEIXAR A GALIZA SEN ESTATUTO, E SEN A SÚA VERDADE HISTÓRICA, ¿GALIZA É ALGO PARA ELES?
A reunión no monte Pío (Santiago de Compostela) no día de onte por parte do presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, o vicepresidente Anxo Quintana e a oposición Nuñez Feijoó cae en saco roto.
Tras seis horas de reunión os problemas atopáronse na definición de Galiza como "nación histórica" e o carácter do galego na nación galega. A oposición, único contrario as propostas xa que o BNG foi flexible e acordou acotar as propostas do presidente da Xunta para chegar a un acordo, fixo o posible para non admitir a historia galega, é dicir, Galiza xa foi un Reino e non é mentira nin vergoña algunha como fai sentir o PP. A negación interrumpida de Feijoó provocou que o BNG, flexible ás peticións da dereita sacou o seu "plan B" co obxeto de poder pechar o estatuto galego.
Na anterior reunión Feijoó mostrarase de acordo coa definición de Galiza proposta polo bipartito pero Rajoy interviu para que ese acordo non chegara adiante, e sen voz nin voto, negou e desestimou tal acordo. Na reunión de onte percibiuse a influencia de Rajoy sobre Feijoó que non ten nin voz nin voto no PPdG polo visto.
O outro apartado, a vixencia do galego na vida cotiá, tamén non chegou a ningún lugar; o PP defende que o galego é unha minoría e debe prevalecer o castelán, o BNG e o PSOE defenden que o galego teña o mesmo rango (e inclusive máis) que o castelán e sexa obxeto de dignidade.
Tralo intento errado desta reunión o estatuto parece quedar sen data definida e poida que para outra lexislatura.
COMENTARIOS PECHADOS POR INSULTOS --> LEA INFORMACIÓN LEGAL