Xoves, 07 de Decembro de 2006

INUNDACIÓNS: O ÚNICO CULPABLE O SER HUMAN

As recentes inundacións en Galiza están derivando en un tira e afloxa entre partidos políticos, como sempre que ahi unha ""catástrofe"". A ignorancia da xente é a verdadeira culpable de TODO isto

Ó igual que na física toda acción conleva unha reacción, nas cousas cotiás todo efecto ten unha causa. Durante estos días fálase de Cee, Vilagarcía de Arousa, Sabarís (Baiona-Pontevedra), e moitos outros por mor das copiosas pero raras choivas (pola cantidade de agua vertida en tan pouco tempo) que están a asolgar baixos, casas, rúas, estradas, etc... Ninguén para a pensar na causa simplemente en "mollouseme a lavadora, o televisor e as tesoiras.... son 60000€ e paguen xa!" e ala, a tirar para diante. ¿cánta xente vaise aproveitar dos organismos (sexan cales sexan ou gobernados por quen sexa) pedindo cuantías desorbitadas (que en moitos casos poderán ser realmente escasos ou non acordes ás pérdas sentimentais) que farán disto unha cuestión puramente monetaria e non servirán choivas ningunha para que a xente teña un pouco máis de cabeza.

Todos os sitios (ou case todos, son raras as excepcións) inundados teñen algo en común, ademáis, claro está, da influencia que os incendios que nun alarde de venganza política desfixeron a vexetación provocando así que a escorrentía sexa máxima:

a estupidez dos que rixen o terreo

En Cee o "regato" (máis ben río pero isto é o que insinuaron cando o taparon)que cruzaba a rúa do centro do pobo foi ingnorado; como as cuestións urbanísticas van máis alá do sentido común, pois ala, unha rúa por riba e "tira millas". ¿cando crece o río por onde vai?

En Vilagarcía de Arousa o río que percorre o centro do pobo vese "atrincherado" por unha serie de edificios que limitan o seu ancho ademáis parte dos seus afluentes (pequenos regatos pero con caudais importantes nas crecidas) están limitados por canais de moi pequeno diámetro incluso transcorrendo por debaixo dos edificios.

En Sabarís (Baiona) ocorre outro tanto do mesmo, un leito vivo de escorrentía debería pasar sen traba algunha pola rúa central (onde foi peor o asolagamento) pero no seu lugar trancorre impasibel a rúa.

Podo seguir así ata centos de casos pero a cuestión non é citalos todos senón dar conciencia a esta sociedade que nós somos os culpables de tal barbarie, tanto por orixinar estas alterancións na natureza como permitirllas ás empresas, administracións,...

O que está claro é que non podemos seguir facendo o que queiramos só por quereres encher a carteira ou porque nos ven en gana; a natureza está ahí dende hai millóns de anos, nós somos os intrusos, os asasinos e os despilfarradores do noso mundo e hai que ter por seguro que a natureza fai pagar por estas aberracións contra ela e así o vedes.

As "catástrofes naturais" non existen SÓ EXISTEN AS CATÁSTROFES HUMÁNS porque a Terra "móvese", os ciclos da auga non paran, a corteza terrestre aparece por un lado e desaparece polo outro, os volcáns necesitan as erupcións,...e a vida segue grazas a ela.