Luns, 21 de Agosto de 2006

REBUMBIO 2006

A organización O Rebumbio deixounos o seu cartel de festa deste ano á disposición de todos. ANIMADEVOS A IR

Un ano mais a xente do Rebumbio volve a carga e con esta xa van cinco edicions do Festival de musicas de mestizaxe Rebumbio. Como ven sendo habitual farase no monte do Rebullón en Mos, o carón do Hospital Psiquiátrico Rebullón, os días 25 e 26 de Agosto.

Comezaremos o venres 25 no Local Social das Pedriñas sito no mesmo emplzamento que o festival, cunha representación de teatro a partir das 22:30 e logo na zona de concertos contaremos coa presencia dos Veraneantes e acompañantes polo cal pregase a todo aquel que queira acompañalos que se traia o seu instrumento.

O sabado día 26 comezaremos coa habitual sesión vermú do Rebumbio inda que este ano tera unha variación serán dous grupos os que toquen e será enriba do escenario con idéntica amplificación cos grupos que actuaran a noite, comezara as 12 da maña e tocaran “Durga mata” e “Transilvanians”, despois o que queira quedarse pola zona dispón de churrasqueiros e mesas tanto no Monte do rebullón coma no Parque Forestal de Bembrive. E tamen decir que contaremos con pulpeira na zona de concertos.

Os concertos da noite darán comezo as 8 da tarde coa entrada no recinto dos “Festicultores troupe” cos seus ritmos rumanicos e a súa cabra macabra a cabeza. Acto seguido dará comezo a actuación “The Turre´s Band” que estará presentando o seu novo CD “Algho hai!”. E seguiremos con “Galegoz” e o seu aranhoto-disco-style e tamen con novo disco baixo o brazo “Galician Chimpanzee”. Acto seguido e dende o norte da Galiza teremos a “Banda Potemkin” co seu éxito do vran “Calindra xida”. E cerrando o festival un grupo que este ano esta dando moito de falar "Kogito" que nos fara botar o resto.



Para mais info podes contactar con nos da seguinte maneira:

Correo Electronico: axrebumbio@hotmail.com

CARTEL DA FESTA:fotos.miarroba.com


NOTICIA PUBLICADA POLO CRCTORROSO E TURRESBAND.TK CO CONSENTIMENTO EXPRESO DA ORGANIZACIÓN.

Añadir comentario


Vide todos, isto vai ser tremendo Rebotado

VIVA A TURRES e todos os demais

Un saúdo


Vamos a armar a de San Quintín; se o ano pasado foi boa este ano vai ser de escachar. Rebotado