Martes, 04 de Xullo de 2006

GALIZA (NACIÓN E REINO) IRMÁ DE PORTUGAL

Ainda que che soe raro GALIZA é o verdadeiro nome da nosa "nación histórica"; o franquismo e logo o seu ministro (como presidente da Xunta) fixeron da nosa terra un "experimento por castelanizar" a vida cotiá.

IMPORTANTE: LEE A INFORMACION LEGAL

Galiza e norte de portugal heredamos a mesma cultura, a mesma lingua, as mesmas terras. Falando galego poderás chegar a Portugal, Brasil e colonias con ditas linguas. O galego de verdade, o que realmente fala a xente do rural, a xente da costa galega que fala o verdadeiro "galego-portugués".

Fomos (e somos) coellos de indias pola administración gubernamental española como unha parte de Espanha que según eles seremos "todos españois coa mesma lingua".

Non podemos deixar que ninguén pise unha das culturas máis antigas e máis fermosa do mundo. Dende o século XII existen documentos na lingua galego-portuguesa que dan pé ao importante de tal.

Non hai que deixares que os que non son de eiquí gobernen por nós, se non queren o galego e a súa cultura que non a destrozen, que non a queimen, que se aguanten e senón que vaian para Catalunya que alí non hai volta de folla. As cousas como son, nada de facer "oficial" (que o fin en ningún lado o é) cousas como Puenteareas o ÚNICO OFICIAL é PONTEAREAS, nin Rianjo (onde se viu tal barbarie) é RIANXO de toda a vida. Os castelanistas non teñen nin voz nin voto na nosa terra que se vaiana onde os aguanten.

Galiza é unha nación histórica que no seu tempo foi REINO con Portugal e deberá seguir sendo unha cultura propia e indudabel.

Eiquí vos quedan videos da televisión portuguesa defendendo o galego:TELEVISIÓN PORTUGUESA DEFENDENDO O GALEGO
e un documental da televisión nacional (TVG) sobre a cultura galego-portuguesa: CULTURA COMUN GALEGO-PORTUGUESA

Un saúdo.
IMPORTANTE: LEE A INFORMACION LEGAL