Mércoles, 10 de Maio de 2006

SEMINARIO SOBRE TELEFORMACIÓN EN TORNEIROS (O Porriño)

Responsables da empresa Dreitec comunican ó CRCTorroso a organización dun seminario sobre Teleformación na parroquia porriñesa de Torneiros, de inscrición gratuita.
Facendo uso da súa petición de difundira o máis posible a noticia, eiquí queda plasmada a proposta para os interesados.


O Centro Neural de Torneiros acolle un seminario práctico sobre
Teleformación

O Centro Neural situado no Edificio Multiusos do Concello de Porriño en
Torneiros acollerá o vindeiro xoves 11 de maio un seminario práctico sobre
e-Learning/teleformación. Está organizado pola empresa Dreitec dentro das
actividades promovidas pola Asociación de Desenvolvemento Rural da
Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo (ADR/MAIV) no programa PRODER
II, e para o que a inscrición segue aberta ata a mesma hora de comezo.

Esta actividade suporá a inauguración efectiva da ciber-aula do Centro
Neural financiada precisamente con fondos do plan Proder II da ADR/MAIV.

A participación é gratuíta. Pódese ampliar a información na páxina web
www.dreitec.com/proder2, no número de teléfono 986 120 935 ou enviando un
email á dirección proder2@dreitec.com indicando o nome completo, email e un
teléfono contacto. Hai 22 equipos informáticos dispoñibles, dos cales 2
están especialmente adaptados para discapacitados.

No seminario poderán observarse in situ diferentes ferramentas de
teleformación, comprobar a variada oferta formativa que existe nesta
modalidade, o doado que é empregala, a súa efectivadade, as súas vantaxes.

O seminario celebrarase o xoves, 11 de maio, de sete a nove do serán.


Nota do webmaster: o webmaster pode orientarte perfectamente en ónde está o lugar (e de Torneiros, de toda a vida Guiño ), para ilo ponte en contacto, se queres, con el a través do email correo CRCTorroso

Añadir comentario